O espazo xove de Chantada acolle un concerto de música
RibeiraSacraXa
No día de mañá, xoves 19 de agosto, chega ao espazo xove de Chantada o concerto Música e paisaxe de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez.
18 Ago 2021
No día de mañá, xoves 19 de agosto, chega ao espazo xove de Chantada o concerto Música e paisaxe de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez. A actuación celebrarase ás 19 horas e poderase gozar dun concerto de música tradicional.
A causa da situación sanitaria é preciso reservar praza no teléfono 982 870 258 ou no enderezo electrónico espazoxovechantada.xuventude@xunta.gal
A través dun percorrido didáctico e musical, Pablo Carpintero e Rosa Sánchez propóñennos unha viaxe polas principais rutas xacobeas a través dos distintos tipos de gaitas de fol, interpretando repertorios propios de cada zona e empregando a dixitación e xeitos característicos.