O equipo de axentes ambientais do Distrito VIII-Terra de Lemos retoma a atención ao público na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
O equipo ofrece atención sobre todo tipo de temas relacionados coa xestión forestal e os montes
equipo-axentes-ambientais-recurso
14 Jan 2026

O equipo de axentes ambientais adscrito ao Concello da Pobra do Brollón, pertencente ao Distrito VIII-Terra de Lemos, retomou o servizo de atención ao público para abordar cuestións relacionadas coa xestión forestal e os montes.

A atención préstase todos os mércores, de 11.00 a 13.00 horas, no salón de actos da Casa do Concello, aberta a toda a cidadanía e sen necesidade de cita previa.

Entre as consultas que poden realizarse inclúense a xestión de permisos de queima e de corta para uso doméstico, o asesoramento sobre distancias de plantación e a xestión da biomasa forestal para a prevención de incendios, así como información xeral sobre a masa forestal e os trámites administrativos relacionados.

Ademais da atención presencial, o servizo tamén ofrece atención telefónica a través dos números 609 284 915 (Felipe), 609 968 769 (Javier) e 982 889 122, correspondente á oficina central do Distrito VIII-Terra de Lemos.

⚙ Configurar cookies
0.07575798034668