O Entroido de Budián regresa á parroquia de San Román de Acedre o 15 de febreiro

RibeiraSacraXa
A xornada está organizada pola Asociación Cultural Entroido de Budián, en colaboración coa AVV de San Román de Acedre e co apoio do Concello de Pantón e a Deputación de Lugo
Entroido-de-Budián-2023-Pantón-1
17 Jan 2026

A Asociación Cultural Entroido de Budián, en colaboración coa Asociación Veciñal de San Román de Acedre e co apoio do Concello de Pantón e a Deputación de Lugo, organizan unha nova edición do Entroido de Budián, que se celebrará o domingo 15 de febreiro.

Este evento, que se celebra por quinto ano consecutivo tras ser recuperado do esquecemento, percorrerá as aldeas da parroquia de San Romao de Acedre nun ambiente festivo e cheo de tradición.
O percorrido dará comezo ás 10:30 horas no Campo de Budián e estenderase, como vén sendo habitual, por toda a parroquia, acompañado de música e con paradas en distintos puntos da zona para compartir a celebración con veciños e visitantes.

Ao remate da xornada, os participantes do Entroido poderán gozar dun xantar por un prezo de 10 euros. Para participar nel haberá que inscribirse previamente a través da dirección de correo electrónico entroidodebudian@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.07680606842041