O encontro Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra dinamiza a economía do rural galego

RibeiraSacraXa
O encontro Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra, no municipio de Sober, dinamiza a economía do rural galego
Artesania sober 1
22 Ago 2022

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visita o encontro Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra que se celebra durante toda a xornada nos pendellos do santuario de Nosa Señora de Cadeiras (en Sober).

Tal e como apunta Conde, este encontro organizado pola Xunta, pon de relevo o papel da Artesanía de Galicia como dinamizador económico do rural galego. Así, o sector contribúe á creación de emprego e riqueza, ademais de constituír unha parte fundamental do patrimonio cultural e do atractivo turístico de Galicia e da Ribeira Sacra. A provincia de Lugo conta cun total de 119 obradoiros de Artesanía de Galicia, un 35% máis que a finais de 2019.

Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra é un evento de comercialización directa e de divulgación dos oficios artesanais no que participan 22 obradoiros da marca Artesanía de Galicia. Os 19 expositores que comercializan as súas pezas neste encontro representan 11 oficios diferentes: a marroquinería, a madeira, a elaboración de roupa, o pirogravado, a cerámica, o téxtil, a olería tradicional, a xoiería, os xoguetes, a bixutería e o vidro.

Ao longo de toda a xornada celébranse tamén tres obradoiros gratuítos e abertos ao público, centrados na iniciación ao torno cerámico; a olería de Gundivós e os remates de xoguetes de madeira.

Artesania sober 2
0.082135915756226