O CPI San Tomé do Carballo consigue a certificación Erasmus+

O CPI San Tomé do Carballo, en Taboada, logrou adherirse á certificación Erasmus+, unha iniciativa que permitirá ao centro realizar intercambios de estudantes a nivel internacional. Esta oportunidade contribúe tanto á formación do alumnado como ao seu vínculo co centro e co municipio.
Desde o Concello de Taboada, destacan a importancia deste logro e expresan o seu recoñecemento “ao CPI San Tomé do Carballo e ás persoas responsables deste importante logro”.