O coro lucense Cantar Delas dará un concerto de cantos de raíz na Pobra do Brollón
RibeiraSacraXa
Será o sábado 7 de xuño ás 19:00 horas na Casa da Cultura Olga Novo

29 May 2025
O coro lucense Cantar Delas, coa colaboración da Coral Polifónica da Escola Tradicional de Música de Samoeiro leva á Pobra do Brollón un espectáculo de música de raíz.
Un total de 28 voces femininas honrarán a literatura popular oral creada, conservada e transmitida polas cantareiras a través dos Cantos de Raíz.
O concerto conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello da Pobra do Brollón, e será o sábado 7 de xuño ás 19:00 horas na Casa da Cultura Olga Novo.