O Concerto de Nadal do Conservatorio Municipal de Monforte chega este venres ao Multiusos

Este venres, 20 de decembro, celebrarase no Auditorio do Edificio Multiusos de Monforte o tradicional Concerto de Nadal do Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez do Concello de Monforte.
O recital correrá a cargo do alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal nas súas diversas especialidades e está dirixido a todo o público en xeral, sendo a entrada gratuíta.
As actuacións realizaranse en grupos de conxunto de saxofón, violín, clarinete/frauta, percusión, vento metal, así como coros e orquestra.
No concerto interpretaranse sobre todo temas de temática de Nadal, así como obras de autores clásicos e modernos.