O Concerto de Nadal de Quiroga estará a cargo de María do Ceo

RibeiraSacraXa
A cantantante actuará o 22 de decembro na Igrexa de San Salvador do Hospital
María do Ceo
María do Ceo
4 Dec 2024

A cantante de fado galega, María do Ceo, ofrecerá un concerto de Nadal o domingo 22 de decembro na igrexa de San Salvador do Hospital.

O concerto contará coa participación da Coral Polifónica de Quiroga. A actuación gratuíta desta fadista, considerada xa como a sucesora de Amalia Rodrigues tanto no estilo como na interpretación, comezará a partir das cinco da tarde.

A paixón pola música desta cantante recoñecida internacionalmente foi alimentada desde o berce na tradición do fado, transmitida polo seu pai, tamén fadista. A unión das súas múltiples influencias do sentimento portugués coa dozura natural do idioma galego fai que, cando canta, transmita melancolía, dozura, paixón e tenrura, todos os ingredientes necesarios para ser unha gran intérprete de fado.

0.13665890693665