O Concerto de Aninovo da Sociedad Filarmónica de Monforte enche o Multiusos de música e público

RibeiraSacraXa
A Orquestra de cordas Kv2211 de Vigo inaugurou o ano cunha actuación patrocinada polo Concello e interpretada por formacións infantil e xuvenil
Sociedad-Filarmónica-de-Monforte-concerto
4 Jan 2026

O Concerto de Aninovo organizado pola Sociedad Filarmónica de Monforte saldouse cun gran éxito de público e acollida, nun evento que contou co patrocinio do Concello de Monforte e que tivo lugar no Edificio Multiusos.

A actuación correu a cargo da Orquestra de cordas Kv2211 de Vigo, formada por dúas agrupacións, unha infantil e outra xuvenil, dirixidas respectivamente por Raquel Fernández e Mario Peris, que ofreceron un repertorio co que se deu a benvida ao ano 2026.

En representación do equipo de goberno municipal asistiron ao concerto os concelleiros de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada; de Comercio, Regina López, e de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz. O Concello de Monforte colaborou neste concerto inaugural do ano mediante a cesión das instalacións do Multiusos, reafirmando así o seu apoio ás iniciativas culturais que se desenvolven na cidade.

A Sociedad Filarmónica de Monforte, que celebrou no 2025 o 75 aniversario da súa fundación, agradeceu publicamente a colaboración do Concello nas distintas actividades que promove ao longo do ano e, de xeito especial, na organización do tradicional Concerto de Aninovo. Xunto aos representantes do goberno local, asistiron tamén outros membros da corporación municipal e numeroso público, que gozou da calidade interpretativa e do traballo das formacións infantil e xuvenil da Orquestra Kv2211.

⚙ Configurar cookies
0.075841903686523