O Concello de A Pobra de Trives anuncia a renuncia de dous concelleiros

RibeiraSacraXa
Roberto González Castro, concelleiro e portavoz do Partido Popular e Aarón Álvarez Corrales, concelleiro do PSdeG-PSOE, deixaron as súas actas
pleno-concello-a-pobra-de-trives
Pleno do Concello de A Pobra de Trives
27 Mar 2025

O Concello de A Pobra de Trives deu conta na última sesión plenaria celebrada esta semana, de dúas baixas na Coorporación local. Trátase de Roberto González Castro, concelleiro e portavoz do Partido Popular, ademais de candidato popular nas pasadas eleccións municipais, e Aarón Álvarez Corrales, concelleiro do PSdeG-PSOE, que deixaron as súas actas.

A alcaldesa, Patricia Domínguez, quixo dedicarlles unhas palabras a ambos: “Estou segura de que, para quen ocupamos un escano nesta corporación, representar aos nosos veciños e veciñas é unha inmensa honra. Estou igualmente convencida de que para Aarón e Roberto, tamén o foi durante estes meses nos que exerceron como concelleiros. Por iso, quero agradecerlles o seu desempeño dende que tomamos posesión en xullo de 2023. Especialmente a Aarón, con quen compartín tarefas de goberno e horas de traballo”.

Así mesmo, expresoulles tamén “no nome do goberno e creo que tamén de toda a corporación, moitos éxitos en todo o que emprendan a partir de agora”
A renuncia de ambos concelleiros será trasladada á Xunta Electoral, para que os seguintes nas listas de PP e PSdeG podan tomar posesión o antes posible.

⚙ Configurar cookies
0.23873996734619