O Concello de Taboada mellora a fonte de Vilameñe tras anos sen matemento

RibeiraSacraXa
O espazo presentaba gretas e filtracións, o que provocaba perda de auga
fonte-de-vilameñe
Fonte de Vilameñe, imaxe do Concello de Taboada
14 Mar 2026

A parroquia de Vilameñe conta xa cunha fonte pública totalmente renovada, tras os traballos impulsados dende o Concello de Taboada. O alcalde, Roi Rigueira, explica que, tras anos sen matemento, o piso da fonte e do lavadoiro presentaba gretas e filtracións, o que provocaba perda de auga.

Os recentes traballos levados a cabo neste espazo, sinala Rigueira, resolveron estes problemas, e ademais adecentáronse os arredores da instalación, pintáronse cadeas e postes, mellorando a seguridade e a estética dun espazo que é “o orgullo dunha parroquia enteira”.

Segundo destacou o alcalde, esta intervención súmase ás realizadas noutras fontes e lavadoiros, como os de Bidueiros, Meixonfrío ou Susá, e xa se están a planificar novas actuacións noutros núcleos, co obxectivo de preservar e coidar o patrimonio do concello.

0.11610102653503