O Concello de Sober e a Xunta avanzan en materia de cultura

RibeiraSacraXa
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitian, e o conselleiro de Cultura, José López Campos, avaliaron nun encontro novas vías de colaboración en materia de cultura e patrimonio
reunion-sober-xunta
Luis Fernández Guitian nun encontro con Jose López Campos
13 Mar 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse esta mércores en San Caetano co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitian, para avanzar en actuacións en materia de programación cultural, conservación do patrimonio e intervencións arqueolóxicas relevantes para o Concello.

Ademais, no encontro tamén se prestou especial atención á candidatura Ribeira Sacra: Paisaxe da auga a patrimonio mundial da Unesco, xa que, “o noso municipio forma parte desta denominación territorial xunto con outros 25 das provincias de Lugo e Ourense”, sinalan dende o Concello. Precisamente, tanto o conselleiro como o rexedor compartiron o convencemento de que, en 2026, se acadará este recoñecemento tan relevante non só para a zona, senón para toda Galicia e España.

⚙ Configurar cookies
0.14951395988464