O Concello de Sober contará cun orzamento de 2,7 millóns de euros para o 2022

RibeiraSacraXa
El ayuntamiento de Sober aprobó el jueves los presupuestos para el años 2022 que serán de 2,7 millones de euros.
sober casa concello
27 Dec 2021

O Concello de Sober destina 1.500.000 euros das Contas do ano 2022 a gasto social e benestar comunitario, o que significa máis do 50 por cento do presuposto para o vindeiro ano, que vén de ser aprobado e que ascende a máis de 2,7 millóns de euros.

O Goberno local aprobou os presupostos para 2022 o pasado xoves cos votos a favor de PP e PSOE e a abstención de Agroma Sober, uns orzamentos que totalizan 2.783.910 euros e nos que se tiveron en conta na súa elaboración a previsión da transversalidade de xénero en cada unha das súas partidas, de xeito que se transmita unha imaxe efectiva igualitaria, plural e non estereotipada de homes e mulleres na sociedade.

Desta maneira, garántese a igualdade no acceso o emprego, na formación, na promoción e nas condicións de traballo e promóvese a igualdade e a participación activa das mulleres en todos os ámbitos da sociedade (cultura, educación, política, economía, deporte, saúde).

As contas contemplan ademais accións concretas dirixidas á prevención e a loita contra a violencia de xénero.

REDUCIÓN DA TAXA DO LIXO
Os orzamentos priman o gasto social e o benestar comunitario con preto de 1.500.000 euros e máis de 300.000 euros a Cultura, Educación e Deporte. Non se sobe ningún imposto, nin taxa, pola contra contémplase a redución da taxa do lixo nun 10 por cento e a gratuidade da gardería municipal.

Amplíase nun 40 por cento a axuda a os clubs de fútbol, nesta ocasión tendo en conta a necesidade de adquisición de test de antíxenos. Este ano haberá bases para axudas a festas parroquiais e asociacións culturais.

INVESTIMENTOS REAIS 
Inicialmente os orzamentos contan con 560.000 euros para investimentos reais, desa cantidade máis de 150.000 van destinadas á mellora de camiños municipais e outros 150.000 para reurbanización en San Martiño de Arroxo, Lobios e Sober. Tamén se contemplan partidas para resembrado e instalación de novos bancos para os xogadores nos dous campos de fútbol do Concello e obras de ampliación da rede de saneamento e melloras na de abastecemento.

A maiores das obras que figuran no plan de inversión, contémplanse partidas para a colaboración de convenios coa administración autonómica. Está previsto, entre outros, un convenio coa Consellería de Medio Ambiente para saneamentos por 100.000 euros e un PIR con Medio Rural por 50.000 euros.

Continuase coas axudas para libros e material escolar para Infantil e Primaria, axudas para universitarios e este ano tamén para alumnado de BAC e ciclos superiores.

FOMENTO DO EMPREGO
Segue tendo peso importante nos orzamentos de Sober o fomento do emprego cunha partida de preto de 80.000 euros.

Contemplase ademais a subida salarial a todo o persoal do máximo que permiten os presupostos xerais do estado que é o 2%.

0.16636800765991