O concello de Sober acolle o venres a xornada Viños de Garda
RibeiraSacraXa
O concello de Sober acolle o venres a xornada Viños de Garda, na casa da cultura en horario de 18 a 21 horas
14 Oct 2022
Esta iniciativa celebrarase na Casa do Concello do municipio de Sober o vindeiro venres 21 en horario de 18.00 a 21.00 horas.
O obxectivo desta xornada e que tódolos participantes adquiran coñecemento sobre os viños de garda, así coma que realicen unha degustación dos mesmos.
O aforo será limitado polo que é necesaria a inscrición previa enchendo o formulario que se atopará no seguinte enlace: https://forms.gle/fd7FBQ1JnfaAVx746
Este é un proxecto levado a cabo polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel, en colaboración co concello de Sober.
Espérase unha moi boa acollida tanto por parte dos veciños e veciñas da contorna, coma no que aos visitantes respecta.