O Concello de Sober acolle a exposición 'Mimesis' do fotógrafo ourensán Néstor Davis

RibeiraSacraXa
O Concello de Sober inaugura este martes unha nova mostra fotográfica.
exposicion concello de sober nestor davis
10 Oct 2023

O Concello de Sober inaugura este martes unha nova mostra fotográfica. A exposición Mimesis do fotógrafo ourensán Néstor Davis poderá visitarse no centro sociocultural do Concello.

O acto de inauguración da obra, que recolle máis de 35 modelos masculinos entre os que están distintas parellas LGTBI tanto andaluzas como galegas, comezará ás 18.30 horas. Trátase dun compendio dalgúns dos seus retratos de figuras masculinas espidas en paisaxes tan diversas como os montes galegos ou os campos granadinos debido ás orixes andaluzas do fotógrafo.

Este traballo componse dunha colección de imaxes tomadas no ano 2019 coas que Davís pretende retratar a beleza da natureza a través dos corpos masculinos e invita a apreciar a vida, o cariño, o amor e a liberdade individual.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21600294113159