O Concello de Ribas de Sil destinará máis de 30.000 euros a melloras no lugar de Peites

RibeiraSacraXa
Entre as obras previstas destaca o arranxo do camiño que dá acceso ao cemiterio, así como melloras nas entradas e nos servizos básicos de varias vivendas
roberto-castro-reunion-peites
Encontro entre o alcalde de Ribas de Sil e a veciñanza de Peites
11 Mar 2026

O pasado domingo, veciños e veciñas de Peites mantiveron un encontro co alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro, acompañado polas concelleiras Rosy Quiñones, María del Carmen González e Fina Alonso, no que se presentaron os proxectos de actuacións que se executarán nos próximos días.

Durante a reunión, o rexedor informou que as intervencións, cun investimento superior aos 30.000 euros, cumpren unha boa parte dos compromisos adquiridos polo Concello hai aproximadamente un ano. Entre as obras previstas destaca o arranxo do camiño que dá acceso ao cemiterio, así como melloras nas entradas e nos servizos básicos de varias vivendas da aldea, co obxectivo de reforzar a seguridade, accesibilidade e calidade de vida dos veciños e veciñas.

0.15182495117188