O Concello de Quiroga solicitará unha subvención para cambiar a tubaxe da travesía da Ribeira

RibeiraSacraXa
A medida chega tras a avaría rexistrada esta semana que provocou varios cortes de agua nas vivendas da contorna
avaria-tubaxe-avenida-da-ribeira-quiroga
6 Mar 2026

Unha avaría na rede municipal de augas na zona da Ribeira, en Qurioga, provocou que na xornada do pasado martes se produciran cortes de auga nas vivendas da contorna. O servizo, explicaron ao día seguinte dende o Concello, foi restablecido en pouco tempo, aínda que os operarios continuaban traballando na zona durante a xornada do mércores para rematar os traballos.

O rexedor local, José Luís Rivera, achegouse ao lugar para supervisar o arranxo, que consistiu na instalación de dúas arquetas que conectan un tramo dunhas 40 metros, no que se colocou unha nova tubaxe de polietileno con maior resistencia á presión.

Durante a visita, o alcalde anunciou que o Concello vai solicitar unha subvención destinada a renovar a tubaxe ao longo de toda a travesía da Ribeira. Segundo explicou, algunhas das tubaxes existentes son de fibrocemento e outras, aínda que de polietileno, non soportan correctamente a presión, provocando así continuas avarías na rede.

0.12601900100708