O Concello de Quiroga solicita subvención para contratar aos monitores dos campamentos de verán

O Concello de Quiroga, a través do seu Centro de Información á Muller, vén de solicitar Consellería de Política Social da Xunta de Galicia unha subvención do Plan Corresponsables para financiar a contratación do persoal que coordinará os campamentos de verán.
A contratación destes monitores realizarase no mes de xuño, coas bases da convocatoria que se publicarán para que as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude.
As titulacións requiridas para optar a estes postos inclúen: técnica/o superior en animación sociocultural e turística, monitor/a de ocio e tempo libre, técnica/o superior en ensinanza e animación sociodeportiva, técnica/o superior en educación infantil ou primaria, ou auxiliar de gardería e xardín de infancia.
De xeito preferente, valorarase aquelas candidaturas que, ademais das titulacións anteriores, cumpran algunha das seguintes condicións: formación en materia de igualdade, ser mozos menores de 30 anos ou mulleres maiores de 45 anos, estar en situación de desemprego de longa duración ou contar con experiencia no sector de coidados, formal ou informal.