O Concello de Quiroga reforza a comunicación coa veciñanza cunha nova canle de WhatsApp

RibeiraSacraXa
O obxectivo é poder avisar a veciñanza en tempo real dun corte dunha rúa ou unha avaría na rede de auga, ademais de informar de actividades programadas dende os distintos departamentos municipais
concello-quiroga
7 May 2025

O Concello de Quiroga conta cun novo servizo de información a través da aplicación WhatsApp. Trátase dun “Canal de difusión” no que enviará a toda a veciñanza, que así o desexe, notificación de acontecementos e actividades. Os canles de WhatsApp están na opción “novidades”, que é onde se agrupan tanto as canles como os estados da aplicación.

Este servizo complementa a información que xa se mantén a través das redes sociais (Facebook e Instagram) pero coa intención de ser máis inmediata. A finalidade, segundo matiza o equipo de Goberno, é poder avisar a veciñanza en tempo real dun corte dunha rúa ou unha avaría na rede de auga, por exemplo, e que os destinatarios o reciban inmediatamente. Aínda que a través desta canle tamén se informará de actividades programadas dende os distintos departamentos municipais, non acollerá tanta información deste tipo como as outras redes sociais, dándolle máis prioridade aos avisos.

0.11611104011536