O Concello de Quiroga organiza unha cata de aceite
RibeiraSacraXa
O Concello de Quiroga, a través do Centro de Información á Muller, organiza unha Cata de Aceite o venres día 21.
20 May 2021
O Concello de Quiroga, a través do Centro de Información á Muller, organiza unha Cata de Aceite.
Coñecer as propiedades organolépticas do aceite de Quiroga e a aprender a distinguilo a través da vista, o gusto e o olor é o obxectivo desta cata impartida por Sol Ángel Zamuz Castro, técnica de Análise sensorial do Centro Tecnolóxico da Carne.
Esta actividade gratuíta e dirixida a mulleres, desenvolverase este venres 21 de maio, a partir das seis e media da tarde, na sala de catas do Museo Etnográfico. Para participar é preciso inscribirse, polo que as interesadas terán o día de hoxe como último día para poñerse en contacto do Centro de Información á Muller a través do tfno 982.43.89.51.