O Concello de Quiroga esixe actuacións urxentes na N-120 ao seu paso polo municipio

RibeiraSacraXa
Denuncian que esta vía, clave para Quiroga e a comarca, presenta un estado de conservación “moi deficiente”, con numerosas fochancas, irregularidades no firme e zonas deterioradas
n-120-quiroga
11 Feb 2026

A Xunta de Goberno Municipal de Quiroga solicita ao Ministerio de Transportes actuacións inmediatas e explicacións sobre o estado da estrada N-120 ao seu paso polo municipio. O Concello enviará ao Ministerio e á Subdelegación do Goberno un escrito no que se reclama información detallada sobre as intervencións previstas, o calendario de execución e a inclusión dunha mellora integral e mantemento do tramo que atravesa Quiroga dentro dos plans de conservación de estradas.

A N-120, vía de comunicación clave para Quiroga e a comarca, presenta un estado de conservación “moi deficiente”, con numerosas fochancas, irregularidades no firme e zonas deterioradas que supoñen, segundo denuncian dende o Goberno municipal, un risco para a seguridade de veciños, transportistas e visitantes.

Dende o Concello advirten de que, aínda que este ano se realizaron labores de mantemento, estas non foron suficientes e mesmo, din, se constatou un empeoramento dalgunhas zonas. Esta situación, critican, aumenta o risco de accidentes, provoca danos nos vehículos e ofrece unha imaxe negativa do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.08371901512146