O Concello de Pantón activará o servizo municipal de abastecemento de auga potable en tres parroquias

RibeiraSacraXa
Será en San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e San Esteban do Mato
Imaxe dun grifo de auga
10 Feb 2026

O Concello de Pantón anunciou que próximamente se dará de alta o servizo municipal de abastecemento de auga potable nas parroquias de San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e San Esteban do Mato.

Para poder acceder a este servizo, é necesario que os veciños e veciñas destas parroquias presenten unha solicitude. Este trámite pode realizarse nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do Concello.

Con esta medida, o Concello busca garantir un servizo básico de calidade para estas zonas rurais, facilitando o acceso á auga potable á poboación.

⚙ Configurar cookies
0.091501951217651