O Concello de Monforte valida axudas por 62.000 euros a 14 entidades deportivas

RibeiraSacraXa
As axudas aprobadas oscilan entre os 1.000 e os 18.000 euros e distribúense entre entidades como o Club Lemos, o Club Natación Monforte, o Club Baloncesto Val de Lemos, o Club Quixós ou o Club Rítmica Quicela
Deporte-monforte-axudas
22 Dec 2025

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou a aprobación da xustificación das subvencións concedidas a 14 clubs e asociacións deportivas do municipio para o desenvolvemento da súa actividade durante o ano 2025. A validación foi acordada na Xunta de Goberno Local celebrada este luns e supón un importe total de 62.000 euros.

O rexedor destacou o papel que desempeñan as entidades deportivas locais e o esforzo dos deportistas monfortinos, subliñando a colaboración do Concello para que poidan desenvolver a súa actividade nas mellores condicións posibles. Neste senso, lembrou os investimentos realizados nos últimos anos para mellorar as infraestruturas deportivas, especialmente as actuacións levadas a cabo no complexo da Pinguela, coa reforma integral do pavillón polideportivo e a renovación da piscina municipal.

Segundo explicou Tomé, o compromiso municipal co deporte local mantense tanto a través do apoio aos clubs como mediante a mellora das instalacións deportivas da cidade.

As axudas aprobadas oscilan entre os 1.000 e os 18.000 euros e distribúense entre entidades como o Club Lemos, o Club Natación Monforte, o Club Baloncesto Val de Lemos, o Club Quixós ou o Club Rítmica Quicela, entre outras asociacións deportivas do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.086459875106812