O Concello de Monforte repoñerá o firme na rúa Ramón Otero Pedrayo

O Concello de Monforte repoñerá o firme na rúa Ramón Otero Pedrayo despois da reparación da rede de abastecemento realizada o pasado 29 de abril, polo servicio municipal de abastecemento e saneamento de auga, Aqualia, tras proceder á reparación da chave existente na entrada da rúa Ramón Otero Pedrayo dende a rúa Conde.
Os traballos ocasionarán restricións de tráfico este venres, día 9 de maio dende as 8.00 ata as 15.00 horas, segundo informan dende o Concello, que solicita a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.