O Concello de Monforte reparte 50 cestas solidarias de Nadal grazas a unha doazón de Ucoga

RibeiraSacraXa
A entrega tivo lugar este martes nas novas instalacións de Ucoga, onde estiveron presentes Gloria Prada, Tenente de Alcalde e Concelleira de Servizos Sociais
donacion-ucoga-monforte
23 Dec 2025

O Concello de Monforte, a través dos seus Servizos Sociais, distribuirá 50 cestas de Nadal entre as familias máis vulnerables da cidade. Estas cestas foron doadas pola correduría de seguros Ucoga, vinculada á Cooperativa Lemos, como un xesto solidario para que ningún fogar quede sen turrón nin doces nestas festas tan sinaladas.

A entrega realizouse este martes nas novas oficinas de Ucoga na rúa San Pedro de Monforte, onde estiveron presentes Gloria Prada, Tenente de Alcalde e Concelleira de Servizos Sociais, xunto con representantes da correduría e da Cooperativa Lemos, como Iván Vázquez, responsable da oficina local, José Manuel Rodríguez, director xeral, e David Buján, xerente da entidade.

Gloria Prada agradeceu, en nome do alcalde José Tomé e do equipo de goberno, esta colaboración solidaria e explicou que as cestas se repartirán mediante sorteo entre as familias con fillos menores usuarias dos Servizos Sociais municipais.

Ademais, a Tenente de Alcalde lembrou que o Concello destina unha partida anual de 75.000 euros para atender emerxencias sociais, ademais doutras axudas por un importe total de 25.000 euros destinadas a mellorar a eficiencia enerxética nos fogares máis desfavorecidos.

⚙ Configurar cookies
0.096982002258301