O Concello de Monforte reforza o seu compromiso coa igualdade

RibeiraSacraXa
O alcalde de Monforte vén de anunciar o comezo da elaboración do V Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes
casa-concello-monforte
9 May 2025

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de anunciar o comezo da elaboración do IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Monforte de Lemos (IV PIOM).

Esta nova fase do Plan de Igualdade, é a continuación do compromiso adquirido polo alcalde e o Equipo de Goberno, na loita pola igualdade de trato e oportunidades reais e efectivas entre homes e mulleres no àmbito local.

A necesidade de elaboración deste documento, xustifícase porque tras as conclusións acadadas na Avaliación do III Plan de Igualdade do Concello de Monforte de Lemos, os especialistas na materia, constataron que, aínda que houbo progresos significativos na consecución de igualdade entre mulleres e homes en moitos aspectos, o reto actual, está non so en dotar ao Concello de Monforte dun instrumento de guía para os próximos anos nesta materia, se non que vai a permitir a adquisición dun compromiso coa igualdade na que se implique a todo o municipio.

O que se pretende por tanto, é xerar un proceso de reflexión, sensibilización e aprendizaxe social, na medida na que se fomenta o establecemento de canles de participación da cidadanía monfortina, para que poidan transmitir a súa sensibilidade en materia de igualdade efectiva entre homes e mulleres no ámbito local.
A elaboración do IV PIOM realizarase a través dun equipo de traballo mixto formado por persoal do Centro de Información á Muller do Concello e por persoal técnico dunha Consultora externa especialista en xénero e igualdade, SECES CIT, S.L.

A primeira fase na elaboración do documento consiste na realización da diagnose da realidade municipal actual, dende unha perspectiva de xénero para a que se solicita a colaboración de toda a cidadanía mediante o cumprimento dunha enquisa disponible na web do Concello á que se accede premendo nunha ligazón.

O Concello subliña a importancia de colaborar nesta enquisa xa que os Plans de Iguadade Municipal deben axustarse á realidade do territorio no que se pretende intervir e é fundamental coñecer as necesidades de actuación en Monforte, para adaptar na fase de elaboración, o deseño, toma de decisións e execución das políticas públicas que formarán parte do Plan de Igualdade de Oportunidades Municipais, para que poidan dar resposta unha vez finalizado, a todas estas necesidades percibidas a través da enquisa.

Por iso, solicitan a colaboración de toda poboación cumprimentando a enquisa para manifestar a realidade de cada un de nós a través dela fomentando e axudando ós responsables deste proxecto a que fagan unha diagnose o mais real posible da realidade de Monforte en igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes.

⚙ Configurar cookies
0.15818309783936