O Concello de Monforte nomea unha nova interventora

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asinou na mañá de hoxe a acta da toma de posesión da nova Interventora do Concello de Monforte, Rosa Abelleira Fernández.
A nova Interventora é funcionaria da Administración Local con Habilitación de carácter Nacional, e exercerá o desempeño deste carto en réxime de acumulación, pois tamén é a Interventora da Deputación de Lugo.
Rosa Abelleira levou a cabo o xuramento de cumprir fielmente as obrigas do cargo, e de gardar e facer gardar a Constitución. Na sinatura, tamén estiveron presentes o Secretario do Concello, José Antonio Mourelle, e a Tenente de alcalde, Gloria Prada.
O Alcalde deulle a benvida a Monforte e manifestoulle os seus mellores desexos no desempeño do seu novo posto, ó servizo dos monfortinos e monfortinas. Tras a súa toma de posesión, Rosa Abelleira comezou o seu traballo ó fronte do departamento de Intervención do Concello.