O Concello de Monforte licita as obras de renovación do parque da rúa Doutor López Suárez

RibeiraSacraXa
O orzamento base da licitación ascende a 64.156,52 euros e a actuación céntrase na rehabilitación dos paseos do parque
plano-obras-parque-morin-monforte
11 Nov 2025

O Concello de Monforte anuncia a licitación das obras para renovar o parque da rúa Doutor López Suárez, situado no barrio do Morín, preto do Cuartel da Garda Civil, que contan cun orzamento base para este proxecto é de 64.156,52 euros e un prazo estimado de execución dun mes para levar a cabo os traballos.

Trátase dunha ampla zona verde para o esparexemento dos monfortinos e monfortinas que dispón dun parque de xogos infantil, un circuíto biosaudábel con aparellos de ximnasia para xente de todas as idades e unha cancha para a práctica deportiva.

A actuación centrase na rehabilitación dos paseos do parque, que actualmente presentan un estado deficiente nalgunhas zonas. O proxecto contempla a pavimentación dos camiños con formigón semipulido en cor terra, similar ao utilizado noutras zonas públicas da cidade, como o Parque da Gardería ou o paseo da Ponte Nova. En total, serán 331 metros lineais de paseo, cun ancho medio de 3,15 metros e unha superficie de máis de 1.000 metros cadrados.

O alcalde, José Tomé Roca, destacou que esta intervención “mellorará o aspecto deste recinto e fará moito máis cómodo e agradable o uso de este espazo de lecer por parte dos veciños e veciñas da zona, así como das persoas que acoden as instalacións que complementan este parque”. O parque conta con zonas de xogos infantís, un circuíto biosaudábel con aparellos de ximnasia e unha cancha deportiva.

As empresas interesadas en executar as obras poderán presentar as súas ofertas do 12 de novembro ao 9 de decembro, e as mesas de contratación reuniranse os días 10 e 17 de decembro
Este proxecto, apunta o alcalde, “da continuidade ao programa de mellora de infraestruturas da nosa cidade, un compromiso que teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende 2015, e que suporá unha mellora moi significativa neste parque”.

⚙ Configurar cookies
0.074442863464355