O Concello de Monforte habilita un servizo gratuíto para resolver incidencias na recepción da TDT

RibeiraSacraXa
A rede de nova xeración 4G e 5G nas bandas de frecuencia de 700 e 800 MHz comezará a instalarse nos próximos días
television-recurso
29 Dec 2025

O Concello de Monforte informa que nos próximos días se activará a rede de nova xeración 4G e 5G nas bandas de frecuencia de 700 e 800 MHz dos principais operadores de telefonía móbil.

Estas novas redes, explican desde o Concello, mellorarán a velocidade de conexión a internet e facilitarán servizos avanzados de televisión, vídeo e música baixo demanda, ademais de permitir o desenvolvemento de numerosos servizos tecnolóxicos nos próximos anos. Non obstante, advirten, a prestación de servizos móbiles nestas bandas pode ocasionar afectacións na recepción da sinal de Televisión Dixital Terrestre (TDT), xa que anteriormente estas frecuencias utilizábanse para a televisión.

Para solucionar posibles incidencias, desde o Concello informan que as operadoras puxeron a disposición dos usuarios o servizo gratuíto “llega700”, que atenderá calquera problema relacionado coa activación destas novas redes.

O Concello lembra que está dispoñible un teléfono de atención gratuíta, o 900 833 999, ao que os veciños poden chamar para solicitar axuda e restablecer o servizo de TDT con normalidade. Tamén poden obter máis información na web www.llega700.es
. Unha vez recibida a notificación, un técnico cualificado desprazarase ao domicilio afectado para resolver a incidencia sen custo ningún para os usuarios.

⚙ Configurar cookies
0.075973033905029