O Concello de Monforte cancela eventos a causa da actual situación sanitaria

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte informa que se cancelan os vindeiros eventos que se ían celebrar no municipio debido a actual situación sanitaria.
concello monforte
25 Ago 2021

O Concello de Monforte informa que, ante a actual situación epidemiolóxica e debido a que o municipio pasará ó nivel máximo de restricións por mor da incidencia da covid19, se cancelan os vindeiros eventos que se ían celebrar no municipio, a fin de evitar aglomeracións e posibles contaxios.

Así pois, a XXIII edición da Feira do Libro de Monforte, que ía ser inaugurada no día de hoxe, mércores 25 de agosto, e que duraba ata o vindeiro sábado 28 de agosto foi cancelada.

Con ela, tamén se suprime o programa da Deputación Saborea a túa provincia, que se levaba a cabo o vindeiro domingo 29 de agosto diante das Casitas da Compañía.

0.14398193359375