O Concello de Monforte adxudica as obras de mellora do Parque Doctor López Suárez

O Concello de Monforte de Lemos adxudica as obras de mellora do Parque Doctor López Suárez, que contarán cun prazo de execución é de 1 mes dende a sinatura da acta de repranteo e que recaerán na empresa Calfensa Proyectos.
Os traballos contan cun orzamento de 60.353 euros e inclúen actuacións de mellora de todos os paseos desta zona verde no barrio do Morín, que dispón dun parque de xogos infantil, un circuíto biosaudábel con aparellos de ximnasia para persoas de todas as idades e unha pista cuberta para a práctica deportiva.
O proxecto consiste na rexeneración do firme dos paseos do parque, para o que se contempla a pavimentación co mesmo formigón semipulido en cor terra, semellante ao que se puxo no Parque da Gardería ou no paseo da Ponte Nova.
O alcalde, José Tomé Roca, explica que o estado actual dos paseos do Parque Doctor López Suárez é deficiente nalgunhas zonas, polo que, salienta, “faise precisa unha actuación que, sen dúbida, mellorará o aspecto deste recinto e fará moito máis cómodo e agradable o uso de este espazo de lecer por parte dos veciños e veciñas da zona, así como das persoas que acoden as instalacións que complementan este parque”.
Os paseos contemplados nesta actuación forman parte da rede viaria do Concello de Monforte e teñen unha lonxitude total de 331 metros, cun ancho medio de 3,15 m e unha superficie de 1.043m2 no conxunto.
O alcalde pon en valor este proxecto, que “da continuidade ao programa de mellora de infraestruturas da nosa cidade, un compromiso que teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende 2015, e que suporá unha mellora moi significativa neste parque”.