O Concello de Monforte abordará este mércores a problemática na rede de abastecemento

Ante as reiteradas avarías na rede de abastecemento de auga nas zonas da Lagoa-Reboredo e Escultor Francisco Moure, o alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, vén de convocar unha reunión extraordinaria da Xunta de Goberno para acordar medidas a levar a cabo. O alcalde cita tamén a unha reunión con carácter urxente á empresa concesionaria do servizo de abastecemento e saneamento de Monforte, FCC Aqualia, mañá, mércores 21 de maio, ás 11.30 horas, para analizar a situación creada e buscar unha solución axeitada que resolva os problemas existentes na actualidade.
Logo das reunións, o alcalde informará a todos os veciños de Monforte, das actuacións que se levarán a cabo, para solventar a situación actual de avarías reiteradas na mesma zona.