O Concello de Manzaneda recibe unha subvención para a creación do “Centro de Envellecemento Activo e Saudable Manzaneda +60”

RibeiraSacraXa
O proxecto permitirá dotar ao municipio dun equipamento específico para promover un envellecemento activo e saudable
foto-recurso-maiores
21 Nov 2025

O Concello de Manzaneda obtivo unha axuda económica de 20.274,89 euros no marco da intervención LEADER PEPAC 2023-2027 – Convocatoria 2025, xestionada a través do GDR Sil-Bibei-Navea, para a creación do “Centro de Envellecemento Activo e Saudable Manzaneda +60”.

Este proxecto permitirá dotar ao municipio dun equipamento específico para promover un envellecemento activo e saudable, facilitando o mantemento físico e cognitivo das persoas maiores válidas da localidade.

Desde o Concello explican que aínda que xa se está avanzando no proxecto de obra civil e instalación, a contratación e execución das actuacións, así como a dotación do equipamento, levaranse a cabo a comezos de 2026, xa que a anualidade prevista para 2025 se redistribuíu para o ano seguinte

⚙ Configurar cookies
0.07004189491272