O Concello de Manzaneda pide a cesión total da estrada de Paradela á Deputación de Ourense

RibeiraSacraXa
Denuncian que, na parte que pertence ao concello da Pobra de Trives, a estrada presenta “grandes fochancas que impiden pasar o quitaneves"
estrada-paradela-manzaneda
1 Feb 2025

O Concello de Manzaneda denuncia o estado “lamentable” da estrada que sube dende Manzaneda á Estación de Montaña pola aldea de Paradela, e sinalan como responsable ao goberno municipal da Pobra de Trives.

Denuncian que, na parte que pertence ao concello de Pobra de Trives, a estrada presenta “grandes fochancas e montón de escombros na estrada, que impiden pasar o quitaneves ante a seguridade de avaria do camión”.

O concello de Manzaneda explica que leva dende que se fixo a estrada encargándose “dentro das súas posibilidades de mantela libre de neve e da limpeza da maleza das cunetas sen pedir ningún tipo de compensación”, pero sinalan que “o que non pode facer o concello de Manzaneda é arranxar unha estrada que non lle pertence”.

Por iso, piden ao Concello da Pobra de Trives que permita sacar adiante o acordo para a cesión da totalidade da estrada á Deputación de Ourense, ratificado no ano 2019, o que permitía que ambos accesos á estación estiveran xestionados pola institución provincial.

0.17496299743652