O Concello de Manzaneda e a Xunta avanzan na futura posta en marcha do Plan Hurbe no municipio

RibeiraSacraXa
O plan trata de articular unha estratexia de posta en valor das vilas e dos núcleos rurais que permita crear as condicións propicias para o seu desenvolvemento sostible
reunion-xunta-manzaneda
María Martínez Allegue nunha reunión de traballo co alcalde de Manzaneda, Amable Fernández
6 Feb 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo este martes unha reunión de traballo co alcalde de Manzaneda, Amable Fernández. Neste encontro a conselleira e o rexedor abordaron posibles vías de colaboración no eido das infraestruturas.

Entre as liñas abordadas en materia de planificación, púxose o foco na próxima posta en marcha do Plan Hurbe na vila. Este plan trata de articular unha estratexia de posta en valor das vilas, tanto as grandes como as pequenas, e dos núcleos rurais, que permita crear as condicións propicias para o seu desenvolvemento sostible, sen prexuízo de actuacións puntuais nas cidades, que se encadren nos obxectivos fixados neste plan.

Allegue subliñou a aposta da Xunta para cooperar cos pequenos municipios a través de actuacións que contribúan a fixar poboación e a mellorar a calidade de vida da veciñanza.

0.17564296722412