O Concello de Folgoso do Courel esixirá á Deputación que presente o proxecto para a residencia da terceira idade

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, trasladará á Deputación de Lugo o acordo tomado pola corporación municipal no pleno ordinario de febreiro, segundo o cal o goberno provincial “ten que presentar dunha vez por todas presente o proxecto da Residencia da Terceira Idade do Concello de Folgoso do Courel actualizado á nova realidade, pois estamos a falar dun convenio que se comprometeu no 2015, se firmou no 2018, e que xa se prorrogou en 2 ocasións.
Sinala que “os veciños do concello de Folgoso do Courel non merecen estar sometidos a este desprezo continuo dando largas a un proxecto tan necesario nun concello destas características cunha poboación con Idades moi avanzadas e con gran dispersión xeográfica o mais afastado da Provincia de Lugo de tódolos servizos”.
Deste xeito, expresa, “a Deputación de Lugo debe de presentar o proxecto modificado á maior brevidade para continuar co proceso e licitar canto antes as devanditas obras”.
O acordo tomado pola corporación municipal, a iniciativa da alcaldesa, contou cos votos a favor do PP e Caurel Vivo e a abstención do PSOE.