O Concello de Carballedo organiza un curso de Tecnoloxía e Entretenemento

RibeiraSacraXa
Será o 13 de outubro no Local Consorcio Os Peares
mobil-tecnoloxia-1
5 Oct 2025

O Concello de Carballedo poñerá en marcha o próximo 13 de outubro un curso de Tecnoloxía e Entretenemento, que se desenvolverá no Local Consorcio Os Peares en horario de 16:00 a 22:00 horas.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición chamando ao 982 466 201, nas oficinas do Concello de Carballedo.

A iniciativa forma parte do programa Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e conta coa acreditación de Afammer. O curso busca ofrecer formación práctica en tecnoloxía e ocio dixital dentro dun marco de igualdade e participación.

⚙ Configurar cookies
0.24839115142822