O Concello da Pobra de Trives ampliou a liña amarela na zona da Igrexa

RibeiraSacraXa
A medida busca mellorar o paso de peóns nesta área
liña-amarela-trives
6 Mar 2026

O Concello da Pobra Trives ampliou fai uns días o pintado da liña amarela na zona da Igraxe, unha mediada que pretende mellorar o paso de peóns nesta zona.

A actuación, explica a alcaldesa, Patricia Domínguez, estivo motivada pola petición traslada por un veciño e, logo de ser avaliada pola concellería de Seguridade Cidadá, fíxose efectiva a finais do pasado mes de febreiro, unha vez pasados os temporais que impedían realizar tarefas de pintado.

Dende a alcaldía expresan o seu agradecemento á veciñanza ante este tipo de propostas, salientando que “o traballo conxunto” é o que logra “que sigamos mellorando a nosa contorna e a convivencia de todas e todos”.

0.1169650554657