O Círculo Saviñao inaugura a mostra ‘O Saviñao en foco’ de José Manuel Paradela
RibeiraSacraXa
Poderá visitarse ata o 1 de xuño

22 Apr 2025
O Círculo Saviñao vén de inaugurar a exposición fotográfica ‘O Saviñao
en foco’, do socio e veciño José Manuel Paradela Pallares.
Na presentación estivo presente Juan Carlos Armesto, alcalde do Saviñao, así coma numerosos asociados e coñecidos do autor que non se quixeron perder unha mostra que reflicte estas terras dunha maneira cercana e diferente.
Una mostra que xa está sendo todo un éxito entre as persoas que se achegaron a visitala, e que se poderá visitar ata o 1 de xuño.