O Círculo Saviñao acolle unha nova exposición do pintor lucense Maximiliano López

RibeiraSacraXa
Titulada "Obra plástica e gráfica recente", poderá visitarse ata o 20 de abril no local da sociedade
maximiliano-lopez-circulo-saviñao
Maximiliano López
18 Mar 2025

O pintor lucense Maximiliano López inaugurou no Círculo Saviñao unha nova exposición de pintura e debuxo titulada "Obra plástica e gráfica recente". Trátase dunha interesante colección de óleos, acrílicos, grafitos e técnicas mixtas que, unha vez máis, seguramente espertará o interese dos socios e veciños.

Desde que no ano 2005 presentara a súa primeira exposición nesta sociedade, Maximiliano López compartiu de forma constante a súa evolución artística. Durante estes 20 anos, sempre foi recibido con agarimo e amizade por parte dos socios da entidade.

A mostra estará aberta ao público ata o 20 de abril, coincidindo coa Semana Santa, no local social da sociedade.

⚙ Configurar cookies
0.080095052719116