O ciclo musical Monforte Fusión leva ao municipio diferentes propostas musicais

RibeiraSacraXa
O ciclo musical Monforte Fusión leva ao municipio diferentes propostas musicais, dentro do programa do verán cultural do concello.
Cartel monforte fusion portada
18 Ago 2022

O concello de Monforte acollerá dende hoxe e ata o sábado día 20, a celebración do ciclo musical Monforte Fusión, como actividade dentro do programa do Verán Cultural do concello.

O ciclo, organizado polo equipo de Goberno e que conta coa participación da Deputación de Lugo, suporá a celebración de actuacións musicais de fusión nos máis variados estilos e en diferentes zonas do municipio. En concreto, recollerá propostas nas que a música lixeira, o jazz, o tango, o bolero, a bossa nova, o funky, o soft rock ou o swing serán os estilos protagonistas.

Os espazos que acollerán o ciclo musical serán a praza de Abastos, a praza de Doutor Goyanes, a rúa do Cardenal, a praza dos Chaos, o Barrio da Estación, a Compañía e a Praza de España. Todas as actuacións serán con entrada gratuíta e dirixidas a todos os públicos.

PROGRAMA

Xoves 18

12.30 horas - Praza De Abastos:  actuación de Lena Álvarez, pianista solista que interpretará pezas de música lixeira, clásicos e modernos, así coma improvisación.

19.30 horas - Praza Doutor Goyanes:  actuación de Acuarel -Rubén Reinaldo E Kely García: Dúo de Guitarras, interpretando temas de Jazz-Fusión.

Venres 19

12.30 horas - Rúa do Cardeal: actuación de Manuel S. Arroyo, pianista solista que interpretará pezas de música lixeira, clásicos e modernos, así coma improvisación.

19.30 horas - Praza dos Chaos: actuación de Lorena Do Val & Gonzalo Herrero: Dúo de contrabaixo e voz que traerán músicas do mundo, en concreto, pezas de tango, bolero, bossa nova, jazz e música galega.

22.00 horas - Barrio da Estación: actuación de Diana Tarín Trío que interpretará música latina en xeral, e en concreto, música cubana.

Sábado 20

12.30 horas - Zona da Compañía: actuación de Abya Yala Ensemble, un cuarteto que ofrecerá música latinoamericana de todo o continente, fusionada con funk e soft rock.

19.00 horas - Praza de España: actuación de Javier Constenla que ofrecerá unha masterclass.

19.30 horas - Praza de España: actuación de Javier Constenla & Pilar Martínez: Dúo de piano e voz, que interpretarán pezas de swing e jazz.

22.30 horas - Praza de España: actuación de Kin García Trío que traerá a Monforte swing, jazz e fusión.

Cartel monforte fusion
0.19151782989502