O Ciclo Mestre Mateo continúa este sábado en Taboada coa proxección da película 'O Corno'
RibeiraSacraXa
O filme foi premiado no ano 2023 coa Cuncha de Ouro no Festival Internacional de Cine de San Sebastián
7 Dec 2024
O Ciclo Mestre Mateo continúa a súa programación en Taboada na tarde deste sábado, 7 de decembro, coa proxección da película ‘O Corno’, que terá lugar ás 19.00 no Cuartel Vello.
O filme foi premiado no ano 2023 coa Cuncha de Ouro no Festival Internacional de Cine de San Sebastián.
A película está ambientada na Galicia da década de 1970 onde unha muller se une a unha ruta de contrabando para buscar a súa supervivencia.
A iniciativa é froito da colaboración entre a Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello de Taboada.