O CEIP da Pobra do Brollón acolle unha mostra de debuxos realizados por alumnado dunha escola en Guinea-Bissau

RibeiraSacraXa
Trátase de ‘Fontes de solidariedade’, que pode verse ata o 15 de febreiro
mostra-fontes-de-solidaridade-brollon
10 Feb 2026

A Pobra do Brollón acolle ata o 15 de febreiro a exposición ‘Fontes de solidariedade’, que presenta diferentes iniciativas de cooperación impulsadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello local.

A mostra consta de seis lonas que combinan textos, fotografías e debuxos realizados polo alumnado dunha escola en Guinea-Bissau. Entre os proxectos destacados están a dotación de auga potable en aldeas de Guinea-Bissau, o fomento da agricultura en Cabo Verde e a prevención dos ataques de crocodilos en Mozambique.

A exposición pode visitarse no exterior do colexio da Pobra do Brollón, colocada no valado do patio, grazas á colaboración do centro escolar.

⚙ Configurar cookies
0.084543943405151