O Carballedo de Tapas continúa esta fin de semana na Barrela

O Concello de Carballedo puxo en marcha o pasado 4 de xullo unha nova edición do Carballedo de Tapas, que este ano conta coa participación de sete establecementos de hostalaría.
A primeira quenda tivo lugar nos Peares os días 4, 5 e 6 de xullo, e esta fin de semana é a quenda da Barrela. Un total de cinco establecementos da vila (Luscofusco, Hotel Restaurante Rio Bubal, Berrello e Calviño) ofrecerán tapas a partir das 19:00 horas do venres e o sábado, 11 e 12 de xullo, e o domingo, a partir das 12:00 horas e pola tarde, a partir das 18:00 horas.
Por último, os días 19, 20 e 21, o concurso chegará a os establecementos Os Roxos e Galleiro, na Tolda. Todas as tapas terán un prezo de 2 euros.