O BNG de Monforte apoia a Concello e esixe á Xunta que arranxe as eivas na rúa Chantada

RibeiraSacraXa
Sinalan que "a Xunta de Galicia debe asumir as súas responsabilidades e realizar unha reparación integral e de calidade da Rúa Chantada, sen que isto implique un gasto para o Concello”
LU-933-rua-chantada-monforte
Estado da rúa Chantada, Monforte de Lemos
22 Jan 2025

O BNG de Monforte apoia as críticas do Concello contra a Xunta de Galiza, pola pésima actuación na Rúa Chantada, pero aposta por esgotar todas as vías antes de asumir o custo da obra

O BNG de Monforte comparte e apoia as críticas feitas desde o grupo de goberno municipal á actuación realizada pola Xunta de Galicia na Rúa Chantada, unha obra que consideramos insuficiente e de pésima calidade. Porén, desde o BNG defendemos que é necesario esgotar todas as vías administrativas e legaispara que a Xunta, como titular da estrada, asuma a súa responsabilidade e realice as melloras necesarias, sen que isto supoña un custo para as arcas municipais.

Entendemos a preocupación do equipo de goberno pola situación da rúa e pola incomodidade que isto supón para a veciñanza, mais consideramos que a asunción dos custos por parte do Concelloestablecería un precedente que podería prexudicar outros investimentos imprescindibles para Monforte.

Desde o BNG, instamos á Xunta de Galicia a que corrixa os defectos da obra e garanta que a Rúa Chantada quede en óptimas condicións, tal e como merece a cidadanía. Ao mesmo tempo, facemos un chamamento ao equipo de goberno para que non renuncie a reclamar o cumprimento das obrigas porparte da Administración autonómica. Contará co apoio do BNG para facer ditas reivindicacións.

"A Xunta de Galicia debe asumir as súas responsabilidades e realizar unha reparación integral e de calidade da Rúa Chantada, sen que isto implique un gasto para o Concello", afirma Manuel Luaces, responsable local do BNG

0.064939022064209