O autobús do teatro fará parada na Pobra do Brollón o próximo 9 de outubro

RibeiraSacraXa
Os participantes poderán viaxar a Santiago para desfrutar de ‘A serie cløpen’, a nova produción do Centro Dramático Galego
a-serie-clopen
1 Oct 2025

A veciñanza da Pobra do Brollón poderá asistir o próximo xoves 9 de outubro á función de ‘A serie cløpen’ no Salón Teatro de Santiago de Compostela, con transporte gratuíto e entrada reducida, grazas ao autobús do teatro, o programa de mobilidade do Centro Dramático Galego.

Trátase da nova produción do CDG, dirixida por Pablo Reboleiro. ‘A serie cløpen’ combina acrobacias imposibles, comedia, danza, clown e unha historia cautivadora que reflexiona sobre os retos que afronta a mocidade en tempos de incerteza.

As veciñas e veciños poderán desprazarse nun autobús gratuíto que sairá ás 14:30 horas desde a Avenida de Galicia, fronte ao antigo cuartel da Garda Civil, e regresará desde Santiago ás 20:15 horas. A entrada para a función ten un prezo reducido de 5 euros.

A actividade está dirixida a todos os públicos e as prazas son limitadas. As reservas faranse por orde de inscrición ata o martes 7 de outubro na Biblioteca Municipal 'Antonio Reboiro', presencialmente ou por teléfono no 982 430 546.

⚙ Configurar cookies
0.10357284545898