O autobús do teatro chega a Chantada en febreiro
Neste 2025 continúa o Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, que traslada autobuses aos diferentes concellos galegos para achegar á súa veciñanza ás representacións teatrais que se desenvolven no Salón Teatro de Santiago.
O sábado, 8 de febreiro, o autobús do teatro chega a Chantada contando, un ano máis, coa colaboración do Concello de Chantada. Terá saída ás 15.15 horas da Praza de Galicia para asistir á representación da obra “Nada se sabe”, unha coprodución do Centro Dramático Galego con Culturactiva, na que dúas actrices e dous actores cuestionan sobre o escenario a inclusión e a xestión da diferenza ante a discapacidade, que facemos como sociedade.
A función comezará ás 18.00 horas, sendo o prezo da entrada 5 euros. A hora de regreso será ás 20:00 horas. Para asistir á representación poden inscribirse na Casa da Cultura ou no teléfono 982 441 752 de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00h a 20.00 horas e os sábados de 10.00h a 14.00 horas. As prazas son limitadas ata completar o aforo do autobús.