O Auditorio Municipal de Quiroga acollerá a función ‘Masculino Singular’
RibeiraSacraXa
Será o vindeiro venres, 20 de decembro, ás 11.00 horas
16 Dec 2024
Quiroga acollerá a función ‘Masculino singular’, da compañía lucense Satori, unha traxicomedia musical interpretada por Gustavo Fouce e dirixida por Sonia Fernández.
Será o vindeiro venres, 20 de decembro, no Auditorio Municipal de Quiroga, ás 11.00 horas, e está dirixida ao público maior de 13 anos.
A programación do Auditorio continuará o domingo, 22 de decembro, coa representación ‘Vidas entre Lusco e Fusco’, da compañía Teatro das Aras.