O Auditorio Municipal de Escairón acollerá este domingo a función ‘Piconús’

A compañía lucense Pínconús Teatro, dirixida por Carlos Rebolo, presentará, o domingo 22 de decembro, o seu espectáculo Pínconús no Auditorio Municipal de Escairón, dentro da programación do Circuíto Profesional que organiza a Deputación Provincial de Lugo, neste caso, en colaboración co Círculo Saviñao. A función comezará ás 18.00 horas e a entrada é de balde.
Pínconús é un espectáculo familiar, con música orixinal composta por Piti Sanz, e no que o elenco canta en directo os temas que acompañan este texto escrito e dirixido por José Campanari.
Nesta proposta, o humor e a música xúntanse na escena para xogar unha especie de absurdos encontros e desencontros. Alí, nunha estación de tren, veremos a unha billeteira que ven e que vai, a un viaxeiro decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo, a unha viaxeira que quere ser a única que colla o tren e a outro viaxeiro que non sabe moi ben onde ir.