O auditorio do Saviñao acolle unha obra de teatro polas Letras Galegas
O Auditorio Municipal de Escairón acolle a obra A viaxe de Rosalía, de Larraitz Urruzola ás 12.00 horas co gallo das Letras Galegas.
Trátase dun espectáculo de monicreques unipersoal, onde da man da narradora e titiriteira, Larraitz Urruzola e con maletas cargadas de monicreques, teas, zapatos e libros, coñeceremos parte da obra rosaliana e algúns dos momentos da vida dun símbolo irrenunciable para a cultura galega.
A actuación forma parte da programación organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo arredor da figura de Rosalía de Castro, en colaboración con concellos e centros educativos. A axenda, que botou a andar o pasado 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do nacemento da poeta, inclúe quince representacións teatrais e vinte intervencións artísticas en espazos públicos, coa figura de Rosalía de Castro como elemento común.